O Suído en La Descommunal

La Descomunal, é un equipo de mentes inquiedas e comprometidas cun territorio, cun patrimonio e cunha cultura, pero tamén somos comunidade e ese é a mensaxe principal que queremos lanzar con esta publicación. Porque aínda que sempre leva a teoría á práctica, nós queremos levar tamén a práctica á teoría, porque só diante dunha computadora non se socializa, non se divulga e non se traballa o patrimonio en comunidade.

Como revista oficial do SOPA: Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural, en cada número, van presentando tanto os resultados do congreso anterior como todos os detalles do congreso seguinte. Tamén publicaran as actas de cada edición en números especiais que chaman “monogräfiks

Nesta sección é onde apaece O Suído que se presentou no Sopa Congress 2016 en Zalamea de la Serena (Badaxoz)-> http://ladescommunal.underground-arqueologia.com/numero-actual

Revista en PDF: http://ladescommunal.underground-arqueologia.com/ficheros/archivos/2018_03/19-aldiryotros-actassopa16.pdf

O SUIDO PRESENTE NAS XORNADAS DA AIP

Hoxe dan comezo na localidade de Lerma (Burgos), as XVII Xornadas da AIP co nome de “A Interpretación do Patrimonio e a súa dimensión social”. Como ben define o seu título, estas xornadas pretenden reflexionar sobre como a Interpretación do Patrimonio (IP) pode aportar, na súa dimensión social, á preservación do patrimonio.

Dende O Suído, consideramos que é unha oportunidade única para debater e reflexionar arredor dun tema que consideramos a pedra angular da nosa iniciativa como son as persoas que habitan o noso territorio, procurando en todo momento un debate interno no rural, sendo os habitantes (residentes, visitantes e emigrantes) os que manifesten cales son os seus anhelos e desexos, sendo a Interpretación do Patrimonio una ferramenta moi útil para conectar con eles dende o punto de vista intelectual e emocional.

Estamos entusiasmados con poder participar neste foro, de ser escoitados e sobre todo de ter a posibilidade de aprender das experiencias doutras iniciativas ou proxectos postos en marcha en Latino América.

Un saúdo dende a serra e boa fin de semana!

AVIAMAN 2017 NA SERRA DO SUÍDO

O pasado 11 de xuño, tivo lugar unha nova edición da proba de triatlón Aviaman. Organizado polo Clube Beariz Triatlón, patrocinado pola Deputación de Ourense e coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte dá Xunta de Galicia, os concellos de Leiro e Avión, a MTC Lugo, CICLI&CO Lalín e SOBRERODAS O Carballiño,  a carreira contou coa participación de 150 competidores.
Ler Máis

FESTA DOS ESPANTALLOS DA RUTA DO RÍO BARBEIRA

O pasado sábado 10 de xuño, tivemos a sorte de asistir  á “Festa da ruta do Río Barbeira” celebrada en O Peso, Escuadra no concello da Lama, cun tempo e ambiente veciñal inmellorables. Esta festividade celébrase todos os anos en distintos pobos da zona co fin de pór en valor tanto a ruta como o festival de espantallos.

Nesta edición a festividade levouse acabo no pobo de O Peso-Carrizans co apoio da súa comisión de festas, dando lugar a unha gran acollida por parte dos seus veciños.Ler Máis

“O SÚIDO” PRESENTE NA “REDE DO PATRIMONIO CULTURAL”

Hoxe 3 de xuño, tivo lugar o Museo ou Pobo Galego un feito histórico en Galicia, a creación da “Rede do Patrimonio Cultural Galego”. A rede busca ser un instrumento de axuda e difusión das actividades de todas as asociacións e entidades que participan dela e tamén para promover accións e campañas en defensa do noso patrimonio cultural en ámbitos institucionais, sociais e territoriais aos que a cada unha destas entidades, por si soas, resúltalles difícil acceder.

Ler Máis

O SUÍDO NO “SALÓN DO MARCO”

O pasado venres deu por concluída a “Clínica Colectiva de Proxectos” organizada polo “Salón do MARCO” dentro do programa de actividades desenvolvidas dentro do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. O Suído foi elixido para participar con outros proxectos culturais e sociais desenvolvidos no territorio galego.

Ler Máis