A PAISAXE DA AUGA DE XESTA

“A paisaxe da auga de Xesta” é un proxecto que xorde coa intención de mostrar e divulgar os 18 muíños de Xesta como parte do seu patrimonio etnográfico, unha arquitectura popular, aínda latente na memoria colectiva, que durante séculos foi fundamental para o desenvolvemento da parroquia. A identidade de cada pobo atópase ligada de forma directa ao territorio onde se arraiga, sendo a realidade física do mesmo, o condicionante que definiu a súa forma de vida, a súa organización social e as súas dinámicas políticas, culturais e económicas.

Ler Máis

ASOCIACIÓN CULTURAL RÍO BARBEIRA

A orixe da Asociación Cultural Río Barbeira, remóntase a outubro do ano 2006, cando Daniel Vidal Durán veciño do Verdugo establece unha toma de contactos con veciños do Peso, as Chozas, San  Lorenzo e Barbeira coa fin de pór en marcha unha iniciativa pioneira no concello da Lama, a recuperación dos camiños de tránsito que ocupan as marxes do río Barbeira. A súa intención,  é ofrecer un espazo de lecer en plena natureza e pór en valor o patrimonio cultural presente nesta zona da comarca.Ler Máis