O SUIDO PRESENTE NAS XORNADAS DA AIP
Hoxe dan comezo na localidade de Lerma (Burgos), as XVII Xornadas da AIP co nome de “A Interpretación do Patrimonio e a súa dimensión social”. Como ben define o seu título, estas xornadas pretenden reflexionar sobre como a Interpretación do Patrimonio (IP) pode aportar, na súa dimensión social, á preservación do patrimonio.
Dende O Suído, consideramos que é unha oportunidade única para debater e reflexionar arredor dun tema que consideramos a pedra angular da nosa iniciativa como son as persoas que habitan o noso territorio, procurando en todo momento un debate interno no rural, sendo os habitantes (residentes, visitantes e emigrantes) os que manifesten cales son os seus anhelos e desexos, sendo a Interpretación do Patrimonio una ferramenta moi útil para conectar con eles dende o punto de vista intelectual e emocional.
Estamos entusiasmados con poder participar neste foro, de ser escoitados e sobre todo de ter a posibilidade de aprender das experiencias doutras iniciativas ou proxectos postos en marcha en Latino América.
Un saúdo dende a serra e boa fin de semana!