MÁIS QUE UN PROXECTO, UN PROCESO
Iniciativa que procura a valoración e divulgación do patrimonio cultural dos concellos que conforman a “Serra do Suído”, A Lama, Avión, Beariz, Covelo e Fornelos de Montes, a través da súa xente.
“O Suído” pretende ser un proceso máis que un proxecto, que xere un debate interno no rural, sendo os seus habitantes (residentes, visitantes e emigrantes) os que manifesten cales son os seus anhelos e desexos, en contrapartida co modelo clásico onde as institucións e os profesionais son os que toman as decisións.
¿Cómo o facemos?
PROCURA
Buscamos alternativas de diferenciación que escapen da connotación tradicional que se ten sobre o rural como “espazo produtivo” así como da visión máis recente como “espazo de lecer periurbano”.
RE-CONEXIÓN
Propomos re-conectar á xente con “O Suído” mediante o desenvolvemento de actividades de recoñecemento do territorio nas que se busque a retroalimentación, o debate construtivo e o irmandamento entre oS cinco concellos.
ACTUACIÓNS
A posta en marcha de talleres de sensibilización, entrevistas e mapeos colectivos, onde os habitantes marcarán as liñas de actuación e intervención, sendo eles os xestores do territorio.