Na parroquia de Santa María de Beariz no concello de Beariz, atópase  a “Eira grande de Magros” dentro do núcleo do que toma o seu nome. Este espazo era o lugar destinado  a “malla” dos cereais, unha das tarefas agrícolas tradicionais máis importantes do rural galego.

Esquema de distribución “Eira de Magros”

Esquema de distribución “Eira de Magros”. Imaxe cortesía de BUO ESTUDIO Arquitectura & Paisajismo

Este espazo  é unha “eira térrea” , feita sobre o terreo natural e situada na parte central do núcleo primitivo do poboado, nun espazo limítrofe co bosque. En canto ao seu réxime de propiedade, falamos dunha “eira de todos”, de carácter comunitario, posiblemente sometida a un sistema de quendas establecido entre veciños no tempo da malla.

Eira grande de Magro

Eira grande de Magros. Fotografía de Manuel Ángel Bugallo Otero

Agrupación con orientación este-oeste

Agrupación con orientación este-oeste. Fotografía de Manuel Ángel Bugallo Otero

Nas proximidades, atopamos 9 hórreos, lugares onde era almacenado o produto final procedente da trilla. Dispostos na súa maioría, cunha orientación este-oeste, buscábase garantir a correcta ventilación e conservación do alimento almacenado. En canto os seus materiais construtivos, presenta unha tipoloxía mixta de pedra e madeira.

Nas proximidades da eira atopamos 9 hórreos, onde era almacenado o produto final procedente da malla. Dispostos na súa maioría, cunha orientación este-oeste, buscábase garantir a correcta ventilación e conservación do alimento almacenado. En canto os seus materiais construtivos, presenta unha tipoloxía mixta de pedra e madeira.

Do mesmo xeito que a “Eira de Doade”, a propia “eira”e  os hórreos que a rodean, presentan un bo estado de conservación, aínda que estes últimos perderon os seus elementos de madeira como consecuencia do paso do tempo e do abandono das tarefas de mallado.

Hórreos mixtos

Hórreos mixtos. Fotografía de Manuel Ángel Bugallo Otero

!Desde Ou Suído convidámolos a “mallar” un pouco!