O pasado venres 30 de septembro, vivimos unha experiencia única en Doade, concello de Beariz. Grazas á coordinación e amabilidade do seu tenente alcalde Tómas Sancho puidemos coñecer de primeira man un espazo único na comarca, a Botica de Janeiro.

A botica atópase na planta baixa dunha edificación probablemente construída na segunda metade do século XIX, visiblemente modificada en relación ao seu estado primitivo. A primeira ollada, atopámonos ante unha construción que non destaca a nivel arquitectónico dentro do núcleo rural, percepción que cambiou por completo cando nos foron abertas as súas portas.

Bótica de Janeiro

Edificación que alberga a Botica de Janeiro. Fotografía de Manuel Ángel Bugallo Otero

No seu interior, atopámonos cun lugar “atrapado no tempo” onde os seus andeis, o seu mostrador, os seus aparellos, os seus utensilios, as súas lámpadas e os seus antigos frascos están en perfecto estado, mesmo se conservaban restos das herbas que eran secadas e empregadas para distintos remedios. Fundada por D. Ramón Janeiro a mediados do século XIX, a coloquialmente coñecida como botica de Doade, foi un referente na rexión polas fórmulas e remedios que nela se elaboraban.

Estantería con frascos

Andel con frascos. Fotografía de Manuel Ángel Bugallo Otero

É un espazo que se desenvolve en planta baixa, con áreas perfectamente diferenciadas: a botica propiamente falando, lugar destinado á atención ao público e venda de medicamentos; a rebotica ou parte traseira reservada ao uso do farmacéutico, onde se preparan e gardan medicamentos; o obradoiro, lugar do lavado do material; e o despacho do farmacéutico onde levaba o control e rexistro.

Cajón con hierbas medicinales

Caixón con herbas medicinais. Fotografía de Manuel Ángel Bugallo Otero

Papel envoltorio

Papel envoltorio. Fotografía de Manuel Ángel Bugallo Otero

Foi a comezos deste ano o ano 2016, despois de estar pechada por máis de 30 anos, os propietarios deciden ceder a botica ao Concello de Beariz coa idea de converterse, nun futuro non moi afastado, no ?Museo da Botica? para que volva ser un referente na rexión.

Desde O Suído estamos moi agradecidos por esta experiencia, desexando que a botica de Janeiro poida perdurar moito máis no tempo.