FESTA DOS ESPANTALLOS DA RUTA DO RÍO BARBEIRA
O pasado sábado 10 de xuño, tivemos a sorte de asistir á “Festa da ruta do Río Barbeira” celebrada en O Peso, Escuadra no concello da Lama, cun tempo e ambiente veciñal inmellorables. Esta festividade celébrase todos os anos en distintos pobos da zona co fin de pór en valor tanto a ruta como o festival de espantallos.
Nesta edición a festividade levouse acabo no pobo de O Peso-Carrizans co apoio da súa comisión de festas, dando lugar a unha gran acollida por parte dos seus veciños.
Desde a Asociación Cultural do Río Barbeira encabezada por Daniel Vidal levan anos traballando para manter en boas condicións a ruta do Barbeira, así como a organización do festival de espantallos e da propia festa, logrando que ano tras ano teñan un maior impacto social e cultural non só no concello da Lama senón en zonas limítrofes.
Como todos os anos o día estivo cheo de entretemento como as actuacións do Mago Norberto, de Os Afoutes do Cañon de Pau e o Dúo Alegría, acompañados dun bo churrasco, polos picantones e filloas preparados polos veciños.
Desde “O Suído” queremos dar os parabéns aos organizadores desta fantástica iniciativa, felicitalos polo esforzo realizado e dicirlles que estamos máis que dispostos en tenderlles a nosa humilde axuda para a divulgación e posta en valor deste tipo de actividades que velan e custodian polo patrimonio cultural desta rexión.
Un saúdo desde “Ou Suído” e feliz comezo de semana!