O TOXO
A matogueira é un dos hábitats naturais que conforman a Serra do Suído ocupando gran parte da súa superficie. Formado por especies como queirugas, uces, xestas, carqueixas, carpazas, con todo, hai unha especie que destaca desde o punto de vista paisaxístico polas grandes motas que ocupa e pola súa bela floración amarela, é o toxo.

Tojo o toxo. Fotografía de Manuel Ángel Bugallo Otero
É unha especie vexetal que tivo unha gran importancia dentro da economía galega entre os séculos XVII e XX, utilizada como cama de gando co fin de obter o esterco que constituía o principal e mellor fertilizante para levar a cabo as tarefas agrícolas.
É unha especie arbustiva de orixe europea que se caracteriza por contar cunha boa adaptación a chans secos e pobres, sendo ademais unha planta pirofita ao posuír un sistema radical que sobrevive ao lume, o que lle permite rebrotar facilmente despois dos incendios. Outra das súas característica é que inhibe o desenvolvemento e crecemento de plantas á súa ao redor por medio dun efecto alelopático.
Na Serra do Suído existen varias subespecies do toxo (Ulex spp.) polo que é moi común ver a súa floración amarela en varias épocas do ano.

Tojo o toxo. Fotografía de Manuel Ángel Bugallo Otero
Despedímonos cun belo poema sobre esta planta chamado “As floriñas dous toxos” do poeta e xornalista Antonio Noriega Varela:
¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as froliñas dos toxos. Dos toxales as tenues froliñas, que sorríen, a medo, entre espiñas. Entre espiñas que o ceio agasalla con diamantes as noites que orballa. ¡Oh do ermo preciado tesouro: as froliñasdos toxos son de ouro! De ouro vello son, mai,as froliñas dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...